A Serea da Lama
Autor: Antonio José Justicia Grande

Poesía. A poesía suscita paixóns. Ela pode conmover, cecais namorar, a veces arrepiar e mesmo dar noxo. Mais por enriba de todos estes motivos, hai un polo que perdura, polo que atrae e polo que os auténticos poetas non sobreviven ás guerras civís: Porque nos fai sentir ceibes. Entón, con esa promesa ¿Por qué non abri-lo libro?. Libre eres de facelo. Se les este pequeno poemario que tés entre as mans, tal vez te guie por fontes e costas, bebas do berce dos cálices, visites a casa das lumias, subas os chanzos da vergoña, che amose paxaros de esquecida dozura… Pero se te queres soltar da man… Entón, entón de seguro que serás libre: Libre de moverte nunha gaiola de sentimentos. Porque estes versos son o que lle suxire a quen os le, non carreiros de tinta ós que seguir. E o que se pretende dun autor é que as verbas que escolla estean o suficientemente difuminadas para que ti, lector, sexa quen decida cómo definilas… ou borralas. Porque disfrutalo…Ben, disfrutalo halo de disfrutar, mesmo habendo páxinas que non che gorenten.

Ver Resumen

Colección: Didot Poesía
Género: Poesía
Editorial: Punto Didot
Fecha de Publicación 28/07/16
Peso 1,17 MB
Medidas 150 x 210 mm
Cantidad de Páginas 48


¿Desea comprar este libro?

10,00 € Edición Papel 978-84-16681-81-5
4,00 € eBook - pdf  
Antonio José Justicia Grande
O autor desta obra, aínda que nado fóra de Galicia coma tantos outros fillos dunha semente espallada, leva vivindo nesta terra dende antes que as máis cativas lembranzas puidesen formarse no seu maxín. Médico de profesión, coma outros que traballan no eido da Sanidade tira proveito (ou se cadra tirao sen máis) do pouco tempo ceibe que lle queda. Nembargantes, o verdadeiro feito diferencial é que medrou tendo á súa beira xente á que lle proe a man sen unha pluma, criaturas antropomorfas (sereas, lumias, pantasmas, cabaleiros da Casa de Calpurnia) e críticos con lingua de ferro desprovistos da máis mínima humanidade (e iso que non son da familia). Todos eles tiveron antes o carné da biblioteca que o de identidade. Todos eles deixaron a súa pegada neste río de tinta, dende a orixe na fonte ata a desembocadura.


Contacto


2014 © El Jardín de los Curiosos - Todos los Derechos Reservados
info@eljardindeloscuriosos.com - Telf: 91 804 31 55
Diseño Web